martes, 25 de noviembre de 2014

A HISTORIA CASTREÑA

Onte puxenme a buscar informacion sobre os castros,para poder facer a miña ultima entrada e queria que englobase todo o tema en si, enton, ocorreuseme unha idea porque non facer unha presentacion sobre os castros máis importantes de Galicia? E porque non para rematar falar sobre a sociedade naquela época!
Vouvos contar sen que sexa aburrido como era aquela sociedade que seguro que ao paso que o vades lendo os vai a gustar.

A SOCIEDADE CASTREÑA

A gran abundancia de castros,permitenos facernos a idea  de era unha sociedade con grandes dosis de inseguridad.

 A poboación repartiríase de forma moi dispersa polo territorio,facendo nucleos de poboacion moi pequenos aos que se lles correspondería un castro,nos cales vivirían unha serie de familias pero entre elas tiveran un parentesco familiar. 

Os home dedicarían o seu tempo principalmente ao coidado dos rebaños,a caza, a pesca e a guerra, a forma na que os habitantes dos castros se defendían non era moi boa, polo que tiñan unha sociedade moi inestable na que as guerras serian algo moi cotidiano, isto é debido a que as defensas que propoñian non eran un gran obstáculo para os outros pobos como o romano que esta moi desarrollado.

As mulleres e os nenos ocuparíanse da recolección de froitos,principalmente bellotas, con as cales,previamente secas e trituradas, elaborarian un pan que se conservase bastante tempo,e que constituía unha base fundamental da súa alimentación.

 A agricultura tíña escaso desarrolo técnico e era a labor encomendada as mulleres.
  
  A xerarquización destas sociedades estaría en función dos elementos como a idade e o sexo,os ancians estaban moi considerados dentro do grupo, eran os portadores da sabiduría, pois nunha sociedad de tradición oral son os máis vellos os que aprenderon os diferentes aspectos da cultura que teñen.
Aquí os poño UNHA MAGINIFICA PRESENTACION  feita por min sobre os castros mais importantes de GALICIA  espero que vos resulte interesante e podades aprender un pouco máis sobre os castros.

viernes, 21 de noviembre de 2014

Unha reflexion!


 Boas lector@s ou lectores!! hoxen puxenme a buscar na miña casa noticias sobre os castros, ou informacion sobre algún petroglifo encontrei un petroglifo que me pareceu moi interesante e me fixo facer pensar unha cousa,primero antes de decirvos a miña duda vouvos a contar algo sobre o petroglifo que lin e sobre a lenda que ten que ver con el!!

Os petroglifos de Campo Lameiro


petroglifos
 
En Pontevedra a so 20 kilometros se encontra un dos petroglifos máis importante de Europa,conta a lenda sobre iste petroglifo:
“Que as parellas que deseen un fillo deben copular sobre a Pedra da Serpe a noite de San Xoan, levando como ofrenda un cuenca de leite para as serpes”.

Na imaxe que vos poño para que veades vese un conxunto de signos e debuxos grabados nas pedras milenios antes de Cristo.

Fai catro mil anos,fosen quenes fosen os habitantes destas terras,dedicaron parte do seu tempo a grabar sobre a dura pedra líneas,círculos ou laberintos de significado incerto, pero tamén familiares,serpentes,cabalos e sobre todo,cervos.Estos debuxos representan escenas de comenzos do otoño.

Isto me fixo pensar unha cousa e é a seguinte se enrealidade o que nos ensinan na escola sobre a Prehistoria nos acerca máis a ela ou se nos acerca máis a ela o sentido de cómo era a vida a cegas guiados únicamente por os debuxos e por as escenas da Idade de Bronce que nos trasladan a un mundo maxico de pedras tallada con cervos de poderosas cornamentas?

domingo, 16 de noviembre de 2014

Galicia Mitoloxica

Buscando informacion sobre unha Galicia Máxica,encontrei varias lendas que me pareceron moi interesantes como a lenda da Maruxaina ou a lenda do Lobishome.

A Maruxaina é unha serea, a metade peixe, a metade muller, que vive no illote da Sombriza, fronte a San Cibrán.
Hai quen di que é boa e que toca unha corna para avisar ós mariñeiros cando hai perigos no mar. E hai quen di que é mala, e que canta para atraer os barcos e tripulantes a un naufraxio seguro.

Ninguén sabe de certo como é, os mariñeiros lévana a terra tódolos anos uns anos condénana e outros, en cambio declárana inocente. A Maruxaina cala, acepta o que disponen os homes e ó ano seguinte volve para someterse outravolta ó veredicto dos humanos.

O segundo sábado de Agosto se recrea a lenda, saíndo os barcos ao mar e facendo sonar a súa sirena. Finalizando todo cunha gran festa na praia de O Torno. 
Aquí vos mostro A Maruxaina e  festa que se lle facia na praia!!  
Agora os vou a falar da Lenda do lobishome!

Un home ou unha muller poder verse obrigados a tomar a figura dos lobos e andar coma tales ata que alguén os fire facéndolles sangue ou ata que se acaba o tempo de fadario.
 En Galicia sábese de varios casos de persoas que andaron coma lobos, facendo mortes e desgracias
O máis coñecido foi Manuel Blanco Romasanta, o cal matou a 13 persoas,dixo que el non o puidera remediar,xa que,mentres, foi lobishome,de día era persoa e de noite era un lobo, facia o dano contra a súa vontade.
Aqui os mostro a Manuel Blanco Romasanta o cal era un lobishome. e tamén os mostro un lobishome e como seria o seu aspecto. Espero que os gustase saber un pouco da Galicia Mitoloxica e que os gustara leer estas lendas!! Un saudo.
 









domingo, 2 de noviembre de 2014

Unha realidade

Boas, onte miña compañeira e eu fixemos unhas preguntas a xente sobre Galicia, preguntamos Que é Galicia para ti? Que paisaxe ou lugar gustache máis ? Que simboliza para ti ese lugar ou paisaxe ?

Todos responderon case o mesmo,para eles Galicia é a sua terra e onde queren morrer,  non saben ver máis ala de ela, xa que non poden  decir o que sente sobre ela. NON E SÓ A TUA TERRA!! Gustarianos tanto que a xente vise máis alo de unha terra un sentimento algo que non sexa eso, cando lles preguntamos que nos dixeran un lugar e o que simbolizaba para eles dixeron como por exemplo Chamarro xa que é unha virxe a que lle pide moitas cousas o a que subiu andando embarazada, para eles son os lugares máis bonitos e simbolizan as suas vivenzas ao largo da sua vida.

Pero porque non podemos dícir  unha paisaxe o un lugar cunha vexetación ao facernos esta reflexion preguntamonos se ainda hoxe sabemos apreciar a vexetación e a paisaxe galega? Esperamos que os guste e o voso comentaria!! Un bico.








domingo, 26 de octubre de 2014

Un sentimento

Boas! onte estiven en youtube y vin un video sobre unha campaña que fixo  "Gadis" sobre Galicia e o que significaba para os galegos. 
Se que podedes dicir e unha publicidade como calqueira outra onde todo esta programado e as palabras medidas pero a min non me pareceu íso, senón que todo o que di ten un significado e un pedazo sobre esta terra.  
Identifícome moitísimo con o video para mín recolle todos e cada un dos sentimentos que teño sobre Galicia, a súa comida, a súa maneira de falar, poder dícir que é máis que un sentimento e a nosa Terra. 
Creo que todo o que eu os podia dicir sobre ela ven aquí por iso os mostro video e quededes con unha boa imaxe e diferente maneira de ver a Galicia!!! 

sábado, 18 de octubre de 2014

Unha lenda, unha historia

San Andrés de Teixido ( lenda)

“quen vai de morto o que non foi de vivo”
Un día San Andres queixose ao Noso Señor porque ao seu santuario non ían peregrinos e á tumba de Santiago sí, e el tamen facía milacres. O Señor díxolle que polo menos unha vez na vida todo mundo tiña que ir, se non ía de vivo, tería que ir de morto. Por iso a xente non mata os animaliños que atopan polo santuario, xa que a lenda di que son as almas dos que non foron en vida.
Coa miga do pan se fan San Andresiños, figuras propias da romería :
 a man: protexe o amor;
o peixe : o traballo;
 a barca: os viaxes, os negocios, a casa;
O santo: protexe a saude;
o pensamento: os estudios
Deixovos una foto da miña pulseira para que a podades ver!
http://s3.subirimagenes.com:81/privadas/previo/thump_968312800pxsanandresios.jpg 
A miña nai contame que de pequeña ela tiña que ir coa sua tia que no era moi relixiosa e non sai moito da casa pero sempre ia  a San Andrés . O medo é libre! Eu fun e gustoume moito e sobretodo a pulseiriña que conservo aun hoxe en dia e espero que me de  sorte! Animaros e ir!!!!

http://www.xente.mundo-r.com/fillosdebreogan/images/fotos/leyendasg9.1.jpg

miércoles, 15 de octubre de 2014

O NOSO IDIOMA!!

Onte vin unha noticia que deixoume un pouco pensativa e a de que "en Ferrol non se fala Galego " pareceme unha vergonza que non se utilice o noso idioma que estos a perder! 

A noticia que vin dicia que os ultimos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) sobre o uso da lingua amosan que Ferrol é o concello de Galicia con menor porcentaxe de persoas que din falar sempre en galego cun 12%.

Ademais dicia que no período comprendido entre 2001 e 2011, as persoas que din falar sempre en galego caeron trece puntos e xa non son maioría. Concretamente, que unsa sempre o idioma propio de Galicia son o 43,8% do total fronte o 56,8% que o facía dez anos atrás,mentres que é falado "as veces" polo 45% da pobación e "nunca", polo 11%. 

Isto fixome facerme unha serie de preguntas ¿Porque non falamos o galego? ¿ Porque vamos a  deixar perder o noso idioma? Deixovos o enlace de onde vin a noticia por se a queredes ver ou algo.