A Maruxaina é
unha serea, a metade peixe, a metade muller, que vive no illote da Sombriza,
fronte a San Cibrán.
Hai quen di
que é boa e que toca unha corna para avisar ós mariñeiros cando hai perigos no
mar. E hai quen di que é mala, e que canta para atraer os barcos e tripulantes
a un naufraxio seguro.
Ninguén
sabe de certo como é, os mariñeiros lévana a terra tódolos anos uns anos
condénana e outros, en cambio declárana inocente. A Maruxaina cala, acepta o
que disponen os homes e ó ano seguinte volve para someterse outravolta ó
veredicto dos humanos.
O segundo sábado de Agosto se recrea a lenda, saíndo os barcos ao mar e
facendo sonar a súa sirena. Finalizando todo cunha gran festa na praia de O Torno.
Aquí vos mostro A Maruxaina e festa que se lle facia na praia!!
Agora os vou a falar da Lenda do lobishome!
Un home
ou unha muller poder verse obrigados a tomar a figura dos lobos e andar coma
tales ata que alguén os fire facéndolles sangue ou ata que se acaba o tempo de
fadario.
En Galicia sábese de varios casos de persoas que andaron coma lobos,
facendo mortes e desgracias
O máis coñecido foi Manuel
Blanco Romasanta, o cal matou a 13
persoas,dixo que el non o puidera remediar,xa que,mentres, foi lobishome,de día era persoa e de noite era un lobo, facia o dano contra a súa vontade.
Aqui os mostro a Manuel Blanco Romasanta o cal era un lobishome. e tamén os mostro un lobishome e como seria o seu aspecto. Espero que os gustase saber un pouco da Galicia Mitoloxica e que os gustara leer estas lendas!! Un saudo.
Aqui os mostro a Manuel Blanco Romasanta o cal era un lobishome. e tamén os mostro un lobishome e como seria o seu aspecto. Espero que os gustase saber un pouco da Galicia Mitoloxica e que os gustara leer estas lendas!! Un saudo.
.jpg)
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario