Vouvos a contar unha historia que a miña tia me contou do meu avo paterno,
na cal contabame que o meu avo traballaba en bazan e diciame que naquela época no
ano 1972 as cousas en Ferrol non estaban moi ben
.
A miña tia diciame que un dia meu avo se levantou como un dia normal para
ir a traballar a Bazan como calquer traballador pero que ao chegar ali todos os
traballadores encontraronse con as portas cerradas polo que o meu avo e mais os
seus compañeiros decidiron ir ao centro de Ferrol e montar unha folga, xa que o
meu avo e os traballadores levaban xa meses sen unha mellora salarial, polo que
o meu necesitaba canto antes esa mellora salarial xa que tiña cinco fillos e
tiña que darlles de comer xa que a miña avoa non tiña traballo se ocupaba dos
fillos, da casa e de o seu marido, o meu avo.
Cando os traballadores e o meu avo se puxeron en folga chegaron ao ponte
das pias onde ali os esperaba a policía, naquela época contame miña tia que o
meu avo tivo que esconderse xa que a policía os esteba levando presos e o meu
avo non podía irse preso debido a que deixaria a miña avoa sola, ademais
estaban coas pistolas e contalle meu avo a miña tia que os seus compañeiros
estaban todos feridos polos disparos da policía.
Tamen contame que o meu avo estivo ali cando sucedeu que a policía matou a
Amador Rey e Daniel Niebla xa que foron golpeados pola policía e iso
produciulles a morte,
Cando a miña tia contame esta historia quedome asombrada que o meu avo
estivera aquel dia ali, que formara parte de a historia galega e que
reivindicara os seus dereitos xa que para el o primeiro era a sua familia, eso
pareceme mais que admirable xa que loitou ata o ultimo final e hoxe en dia podo
dicir que o meu avo o consegueu xa que os xefes aceptaron as condicions debido
ao sucedido.
Pero tampouco non podo negar a angustia que debería sufrir a miña avoa ao
enterarse da folga, do que a policía fixo e sobre os mortos e feridos, xa que
era unha ama de casa que so se dedicaba ao coidados dos fillos e poder perder
ao seu marido non seria o mellor para a familia nin para ela que o quería moito.
Espero que a historia que me contou a miña tiña os gustara moito, e que a
xente que a lea pode ser que o seu avo traballara con o meu e estiveran xuntos
naquela folga loitando como calquer cidadan galego polos seus dereitos. Un bico
moi grande!!!
Aquí vos deixo un recordatorio que a
miña tia de o dia da folga, o tiña gardado ya que era un recordatorio do periódico
de aquela época!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario